Os nosos Papá Noel

As personaxes tradicionais do Nadal do norte peninsular

Todos coñecemos a ese gordiño bonachón vestido de cor vermella que na Noiteboa colma de alegría con regalos a todos os nenos: Papá Noel; pero este personaxe, aínda que máis famoso, ten que competir cas figuras que describo a continuación  pertencentes a nosa cultura, que curiosamente proceden todos da banda norte da península. Os seus nomes varían segundo o seu territorio pero comparten características e costumes similares.

De Oeste a Leste a primeira figura que nos atopamos é a da nosa terriña, Galicia:

 O Apalpador, o amable carboeiro do Courel.

“Hoxe é noite de Nadal,

vaite ninín á camiña

que vai vir o Apalpador

a palparte a barriguiña”

(Versos tradicionais de Ourense)

Este xigante barrigudo e barbudo é a figura dun carboeiro que baixa, segundo a tradición, na Noiteboa ou na Noitevella dende a serra do Caurel a agasallar on nenos con castañas quentes e algún regalo de vez en cando. O Apalpador como o seu nome indica, apalpa as barrigas dos pequenos comprobando se comeron ben durante o ano e se estes teñen o ventre cheo, non pasaran fame durante todo o ano vindeiro.

Esteru, o bonachón montañés.

“Y d’entonces tolas navidades, a la final de caa añu, Esteru va polos pueblos con su burru repartiendo juguetes y regalos a los neños pa que sean felices.”

(lenda tradicional cántabra do Esteru)

Un leñador forte e de grandes barbas que sempre leva boina e fuma en pipa. Esta figura vive nos montes cántabros cortando leña ata a chegada do inverno, cando deixa a tala e comeza a fabricar os xoguetes  ca sua hacha, que posteriormente lle repartira os nenos da rexión e dalgúns concellos astures marxeantes a noite de Nadal coa axuda do seu compañeiro o burru.

g26p64f2
Esteru na compaña de seu burru

Olentzero, o carboeiro euscaldún.

“Olentzero joan zaigu

mendira lanera

intentzioarekin

ikatz egitera.

Aditu duenean

Jesus jaio dela

lasterka etorri da

berri ona ematera.”

“Olentzero foise

ó monte a traballar

ca intención

de facer carbón.

Cando ouviu

Que naceu Xesús

Veu correndo

A dala boa nova.”

(canción tradicional vasca)

Un carboeiro de orixe navarro que trae regalos ós nenos de toda a área xeográfica de Euskal Herria (Esukadi, Navarra e País Vasco Francés) o dia 25 de Decembro. Este barrigudo con chapela e pipa, tamén descrito na popular canción que lle dedican os cativos como “teimudo e sen intelixencia” (buruhandia, entendimendu gabea) vive na montaña illado da sociedade dedicado á fabricación do carbón vexetal, comendo e bebendo de ben, ata que chega o Nadal e baixa ás poboacións.

3-olentzero-4
Olentzero é representado coma un carboeiro co traxe tradiconal vasco.

O Anguleru, un Papá Noel de nova creación.

“Nun esistiría nengún personaxe mitolóxicu, nin na nuesa comunidá autónoma nin fuera d’ella, que reparta regalos per Navidá”

(Víctor Raúl Pintado Rey, profesor Asturiano)

No Principado tamén atopamos unha figura parecida a estes Papá Noel, pero que non ten tanta tradición; senón que foi creada no 2008 pola asociación “Garabuxada” para achegar o Nadal á tradición asturiana. Este personaxe vai vestido cun traxe de augas amarelo propio dos pescadores de angula, oficio característico da mariña astur. Cas ganancias da venda das angulas compra regalos para os cativos que lles reparte a noite do Nadal.

l%27anguleru_2
Anguleru é a única destas personaxes que foi creada nos tempos recentes

Lembranzas dunha divindade pagá en Nadal?

Seguramente todas estas figuras estean baseadas nunha mesma personaxe, unha lembraza dun mito de tempos remotos, que cos anos  os costumes foron transformándose para achegarse á cultura dos respectivos territorios e así poder gozar dunha tradición propia. Mais fóra de discusións de se son invención ou tradición está o sentimento que crean nos máis cativos das nosas terras, a ilusión.

Autora: Alba Losada García

3 comentarios sobre “Os nosos Papá Noel

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s