Oración de Patrick Holland

Pechado na casa, o angosto corredor, as xanelas a medio pechar, penumbra. A xenreira contra o mundo medra, a luz Sou me faría máis dano. Seino, non podo vivir agochado, pero tamén sei que o ceo aberto inda é máis angosto. Premos ósos e sae unha melodía, o derradeiro solpor xa pasou fai anos, o resto do tempo é un agasallo. No sei se bo ou malo.

Penso, barallo todo o tempo, sentó e póñome en pé mil veces seguidas. Dou voltas ao cuarto coma o león da voltas na gaiola. Tamén bramo, pero á miña liberdade é indecisa, e como non sei que vou atopar aí afora, o meu cerebro elucubra universos logo de min.

Son o renegado, o falto de senso, o tolo, a peza máis feble, o trastornado. Caio debruzado ante un raio de luz. Aquí, na soidade, eu son o rei das pulgas, das chinches e do po. Eu son loxicamente estúpido, a reminiscencia do esquecido, lume agochado nun cuarto ás escuras. E o silencio comeza a matarme.

Mentres dou voltas en círculo ao cuarto, cavilo e barallo comigo mesmo, unha conversa de xenreira e desesperación. Todo semella tan pequeno… O mundo é enano, eu non vou caber cando saia de cabeza pola xanela, rompendo os cristais, rompendo a luz, ardendo coma unha lapa. Barallo comigo mesmo, mais non hai un que tal ou boas palavras, soamente un dor incorrexible, soamente lama nos pés, tentando que non saia da casa

Supoño que teño os ollos vermellos, que se abro esa persiana  a luz derrubarame coma unha montaña de area. Supoño que bebo té, podería ser mexo con aromas. Supoño que hai un mundo logo da xanela, fai moito que non o comprobo. Hai luz, hai noite e día, e escoito berros e bucinas de coches en hora punta. Así que si, supoño que hai mundo hai afora.

E cando chegue o momento, vestireime elegantemente, porei á canción perfecta, abrirei a persiana, á luz cegarame. Nese intre collerei folgos, correndo atravesarei a xanela, rachando os cristais. E voarei, voarei sobre a cidade voltando así á sociedade.

Por sempre.

 Autor: Manuel Jorge Maside Salgado

Fotografía: David Novoa Sequeiros.

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.