Teño un poema para ti

Teño un poema para ti

lévoo escrito nos ollos

árdeme por dentro

quente coma o centro da terra

quente coma Hiroshima

ás veces derrámase a sintaxe

e fica nú e poderoso

coma unha lúa

non recoñezo á miña pel

celebrando a escuridade profunda

e vertixinosa dos teus ollos

cantando na lingua dos soños

a melodía que berra por ti

o teu poema lévoo dentro

coma unha granada.

poema-3

Autora: Lourdes Blanco

Fotografía. Cris Armadanzas

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.