Estreamos sección musical no Programa Orballo da man do noso presentador David Conde. Espazo Saideco nace co obxectivo de achegar ós nosos oíntes e seguidores grupos e artistas do mundo lusófono, onde tamén incluimos ó panorama musical galego.
Neste primeiro capítulo centrámonos no artítista brasileiro Antonio Carlos Jobim, coñecido coma Tom Jobim.
Lembrade que en breves poderedes escoitar o podcast do programa completo. Non o perdades!
Lucas Rodicio fálanos do seu proxecto de longa maduración
Lucas Rodicio guitarrista de Blues Time(fonte facebook)
Neste capítulo de Revista Orballo entrevistamos ó guitarrista Lucas Rodicio que nos falará do seu proxecto musical, Blues Time, que o propio artista definiu coma un traballo de «longa maduración».
Poderedes escoitalo podcast completo do «Capítulo 75: Tempo de Blues» nos vindeiros días. Non o perdades.