Archivo de la categoría: Tomás Fraiz Velázquez

De Freud a Fraiz VI

—Imos cancelar ese pedido de 4.000 carros de combate.

—E iso?

—Estivemos negociando cos dirixentes do outro estado e decidimos que podíamos arranxar as nosas diferencias dialogando. Espero que non che moleste esta decisión así a última hora.

—Para nada. Alégrome, eu sempre digo que  é mellor falar as cousas civilizadamente.

—Pero ides deixar de gañar moitos cartos…

—Vahh,… que  son varios centos de millóns de dólares comparado coa satisfacción de salvar vidas inocentes.

… e así é como os estados negocian coas empresas de armas.

 

Nas últimas semanas sospeitase que en  certo territorio gobernado por un réxime dictatorial estase empregando armas químicas en zonas civís… pero cambiemos de tema, e deixemos a José Manuel Baltar e a sua afección por rociar as beiras das estradas con glifosato, para outro día.

 

O veganismo é una filosofía de vida moito máis antiga do que se cree. Xa durante  Alta Idade Media  era moi común entre a poboación europea. Pero  as  mortes por desnutrición, as extenuantes xornadas tirando do arado a man e a misteriosa  epidemia que se desatou nos locales da Asociación de Amigos da Rata Negra; foron minguando os seus adeptos ata que deixou de ser tendencia.

 

Amancio Ortega donou a hospitais españois cerca do 0,4% da sua fortuna. A ver si o resto de empresarios toman nota, porque a parte de pagar salarios dignos, respetar os dereitos laboráis, crear emprego, non usar man de obra infantil e non evadir impostos…, en que axudan a sociedade española?

 

A cultura do esforzo é a única vía que lles queda aos mediocres que non lograron conseguir os seus obxetivos aproveitándose dos demáis.

Tomás Fraiz Velázquez

De Freud a Fraiz: «Faise oir»

  • Parasito, carracha, pulgón, sambesuga, gandulo, aproveitado, chupóptero, lamprea, camándula, palastrán, moulón… Non entendo como, a pesar de empregar  un léxico culto e refinado, volveron a excluirme do certame literario «¿Qué es un rey para ti?
  • Comunicado de Hazte Oír tralos últimos acontecementos: “Lamentamos profundamente as inxustas e difamatorias acusacións tildando a esta organización de non respetar e denigrar ao colectivo homosexual. Sobre todo cando son públicas as cuantiosas donacións que esta organización ven realizando a prol da investigación da sua enfermidade.”
  • Todo o meu agradecemento ao mundo da cultura pola súa loita contra o IVA cultural. Era escandaloso que os que gustamos da cultura , polo encarecemento das entradas, tivésemos que renunciar a poder disfrutar dunha boa corrida de touros.
  • A paradoxa dun pro abortista consiste en que de existir a despenalización do aborto, na época dos seus pais, probablemente nunca chegase a nacer.
  • Non me gustaría estar no pelello dos directivos de Caixanova, tendo que  pasar un par de meses en prisión a cambio dunha triste decena de millóns  de euros.

 

Autor: Tomás Fraiz Velázquez