Archivo de la categoría: Introspectiva

Entrevista a Xiana Lastra de “A Banda da Loba”

Entrevista a Xiana Lastra cantante e compositora de ” A Banda da Loba”:

Neste primeiro capítulo da nova tempada de Revista Orballo en Radio Allariz, falamos do grupo que máis entusiasmo está a causar na escea musical galega: ” A Banda da Loba”. Repasamos os premios recibidos, entre eles o gañado recentemente pola deputación da Coruña e por Fademur ( Mulleres rurais) e do premio tamén levado no certamen Aritmar de música galega e portuguesa e onde “A Banda da Loba” gañaría o premio de mellor canción en galego con ” Bailando as Rúas” canción que é título do seu derradeiro traballo. Falamos tamén de Pepa a Loba, da súa historia e do seu imaxinario, da canción ” Afogadas” e do pobo de Aceredo, de Celso Emilio Ferreiro e da súa importancia tanto no proxecto de ” A Banda da Loba” como na carreira persoal de Xiana Lastra no mundo da música e mesmo da Poesía.

Promoción Xira ” Bailando ás Rúas” o seu último disco .

Forman a Banda: Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra.

Canción “Pepa” adicada a bandoleira galega Pepa a Loba.

Unha entrevista de Pablo Gómez Portas.

Entrevista en Video a Manuel J.Maside

Entrevista realizada o xoven poeta Manuel Maside dende a categoría “Introspectiva” seguímola senda, temos memoria.

En Introspectiva , Pablo Gómez Portas tenta introducirse nos emblemas do entrevistado , nos seus pensamentos , nas súas inquedanzas e influencias de diversa índole. Esta entrevista realizada durante este ano 2018 é un antes e un despois en canto a análise da figura do poeta ourensán Manuel J. Maside que logo de participaren en Orballo de maneira constante , debémoslle , pola sua calidade literaria os  respetos de ” Poeta” e os agradecementos polo interese mantido de cara o noso medio. 

Entrevista de Pablo G. Portas a Manuel J. Maside

Cámaras Brais Sanchez e Xosé Garrido

Montaxe: Brais Sanchez