Archivo de la etiqueta: «featured»

Entrevista a Xiana Lastra de «A Banda da Loba»

Entrevista a Xiana Lastra cantante e compositora de » A Banda da Loba»:

Neste primeiro capítulo da nova tempada de Revista Orballo en Radio Allariz, falamos do grupo que máis entusiasmo está a causar na escea musical galega: » A Banda da Loba». Repasamos os premios recibidos, entre eles o gañado recentemente pola deputación da Coruña e por Fademur ( Mulleres rurais) e do premio tamén levado no certamen Aritmar de música galega e portuguesa e onde «A Banda da Loba» gañaría o premio de mellor canción en galego con » Bailando as Rúas» canción que é título do seu derradeiro traballo. Falamos tamén de Pepa a Loba, da súa historia e do seu imaxinario, da canción » Afogadas» e do pobo de Aceredo, de Celso Emilio Ferreiro e da súa importancia tanto no proxecto de » A Banda da Loba» como na carreira persoal de Xiana Lastra no mundo da música e mesmo da Poesía.

Promoción Xira » Bailando ás Rúas» o seu último disco .

Forman a Banda: Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra.

Canción «Pepa» adicada a bandoleira galega Pepa a Loba.

Unha entrevista de Pablo Gómez Portas.

CAPÍTULOS 74 E 75: A FESTA DA DEMOCRACIA

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Esta vez tedes doble entrega cos capítulos 74 e 75 sobre as eleccións xerais:

Capítulo 74: Circo Ibérico (24-04-2019)

I

Circo Ibérico: neste programa anterior as eleccións ó parlamento español comentamola actualidade política ca nosa mesa de colaboradores e facemos a nosa particular porra electoral, acertarán os vaticinios dos nosos «todólogos»?

Capítulo 75: Resaca Electoral (3-5-2019)

I

Resaca electoral: neste capítulo continuación do anterior (Circo Ibérico) analizamos o resultado electoral, facendo un especial repaso a porra feita polos nosos colaboradores. Quen acertaría na súa predicción?

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!