Archivo de la etiqueta: “featured”

Capítulo 63: Na procura da Felicidade

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa do 11 de xaneiro de 2019:

Faladoiro sobre “A procura da Felicidade”: Neste primeiro programa do ano a nosa mesa de colaboradores debate sobre que é a Felicidade e cal e o camiño que conduce a ela. Inflúe a paisaxe e o clima? É un sentimento que dura un instante ou é algo continuo? Que nos produce ese sentimento? Que mellor forma de falar deste tema que botando unhas risas en boa compaña?!

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!