Imos ver: se o pobo democraticamente, en elección libre, directa e secreta, decidiu que o correcto é queimarte viva na praza, ¿quen es ti para cuestionar a decisión adoptada pola maioría…? si é que, encima de bruxa eres unha antisistema.
Un sindicalista é como un físico teórico… os dous falan de cousas que ainda non se probaron na realidade.
Tes menos luces que a barca dun contrabandista, careces de dignidade e sentido do ridículo? Noraboa, temos unha saída profesional a túa medida. Envía a túa solicitude e convirtete en figurante profesional de mitins electorais.
O día que se lesione Albert Rivera ou Inés Arrimadas, Ciudadanos vai ter que tirar da canteira e sacar xente da Falange.
A televisión é o único electrodoméstico enerxéticamente neutro… a enerxía que consume mentras estás a mirar para ela compensase pola que deixa de gastar o teu cerebro.
… e así, dentro da orde constitucional, respetando a lexislación vixente, garantindo os servicios mínimos impostos polo amo e facendo uso da non violencia; así foi como conseguiron a abolición da escravitude.
As librerías son desos poucos espacios que nos quedan para empaparnos de cultura e sabiduría, a través da delicada prosa dos autores máis eruditos da nosa época como Belén Esteban, Zapatero ou Ana Rosa Quintana.
Co seu talento natural e a puntería do avó Felipe Juán Froilán xa estaría como mínimo de segundo na liña de sucesión ó trono.
A presión da opinión pública, cansada de ver tantos casos de corrupción na tele, obrigou a Mariano a tomar medidas urxentes: a disputa da Eurocopa de fútbol adiantarase a finais de Maio.
Na escala da dignidade humana só hai un pequeno chanzo entre axitar un banderín da Panorama ó ritmo de versións de Paquirrín a axitar un banderín do PP ó ritmo de «Se noota, se sieente, Mariaano presideente».
As redes sociais foron un gran avance para a internacionalización das actividades profesionais do «tonto do pueblo».
Si escoitas falar ben de ti a todos os que te rodean, desconfía… probablemente estés dentro dun ataúde.
A antipatía é unha virtude que hai que traballar a diario. A nada que te descoidas xa estás finxindo interés polos problemas dos demáis.
Estamos a só dúas reformas laborais de que as grandes multinacionais trasladen as suas fábricas de Bangladesh e Indonesia a España.
Respeto moito a todos os que ven Telecinco… procuro tratalos como se fosen persoas normais.
Tomás Fraiz Velázquez