De Freud a Fraiz.

Imos ver: se o pobo democraticamente, en elección libre, directa e secreta, decidiu que o correcto é queimarte viva na praza, ¿quen es ti para cuestionar a decisión adoptada pola maioría…? si é que, encima de bruxa eres unha  antisistema.

 

Un sindicalista é como un físico teórico… os dous falan de cousas que ainda non se probaron na realidade.

 

Tes menos luces que a barca dun contrabandista, careces de dignidade e sentido do ridículo? Noraboa, temos unha saída profesional a túa medida. Envía a túa solicitude e convirtete en figurante profesional de mitins electorais.

 

O día que se lesione Albert Rivera ou Inés Arrimadas, Ciudadanos vai ter que tirar da canteira e sacar xente da Falange.

 

A  televisión é o único electrodoméstico enerxéticamente neutro… a enerxía que consume mentras estás a mirar para ela compensase pola que deixa de gastar o teu cerebro.

 

… e así, dentro da orde constitucional, respetando a lexislación vixente, garantindo os servicios mínimos impostos polo amo e facendo uso da non violencia; así foi como conseguiron a abolición da escravitude.

 

As librerías son desos poucos espacios que nos quedan para empaparnos de cultura e sabiduría, a través da delicada prosa dos autores máis eruditos da nosa época como Belén Esteban, Zapatero ou Ana Rosa Quintana.

 

Co seu talento natural e a puntería do avó Felipe Juán Froilán xa estaría como mínimo de segundo na liña de sucesión ó trono.

 

A presión da opinión pública, cansada de ver tantos casos de corrupción na tele, obrigou a Mariano a tomar medidas urxentes: a disputa da Eurocopa de fútbol adiantarase a finais de Maio.

 

Na escala da dignidade humana só hai un pequeno chanzo entre axitar un banderín da Panorama ó ritmo de versións de Paquirrín a axitar un banderín do PP ó ritmo de “Se noota, se sieente, Mariaano presideente”.

 

As redes sociais foron un gran avance para a internacionalización das actividades profesionais do “tonto do pueblo”.

 

Si escoitas falar ben de ti a todos os que te rodean, desconfía… probablemente estés dentro dun ataúde.

 

A antipatía é unha virtude que hai que traballar a diario. A nada que te descoidas xa estás finxindo interés polos problemas dos demáis.

 

Estamos a só  dúas reformas laborais de que as grandes multinacionais trasladen as suas fábricas de Bangladesh e Indonesia a España.

 

Respeto moito a todos os que ven Telecinco…  procuro tratalos como se fosen persoas normais.

Tomás Fraiz Velázquez

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s