The reality of the imagination,
The throat of exaltation,
The processions of possessions,
The motion of meaning and
The meaning of morning and
The mastery of meaning.
“The kingdom of poetry”
Delmore Schwartz

Hoxe os espellos tórnanse cara min e son eles os que se reflexan nos meus ollos que alternan na hipnose do ego nun refluxo de teimas en abrasiva condición liberadora ou libertadora, estou a buscar a soidade, a interseción entre o ruído e o eu , o espazo limítrofe no que un home pode nadar sen interferencias externas e en plena creación meditada, ausente e presente a un mesmo tempo sen molestias, sen fisuras mentais agotadoras, sen aniquiladores de conciencia, nin críticos por devoción a afogar ó próximo. Entrei na miña habitación co habitual sorriso de vago sublime e non me atopo nin detrás do armario nin debaixo da cama nin tralas paredes recobertas dunha máscara vintage, reveladora, trascendente, de cor verde grisácea que emerxe dun refluxio apagado que forma parte do meu estigma, da miña conducta, do abrasivo arte de fuxir.
Abro os caixóns de un en un, despaciño, por se me atopo e fuxo para outro recuncho máis obsoleto, decoro o meu espíritu con pensamentos que perduran dende os primeiros debuxos da infancia e así poder expor todas as miñas pinturas en progresión lineal ascendente neste chan que me sirve de estudio.

Os pinceis encol da mesa agardan impacientes unha cuspe de cor mentres Mac Demarco compón o meu esceario do crimen perfecto contra a aburrida moralidade dos idealistas. Eu aquí, sentado, nunha habitación de dúas portas, dúas de entrada e unha de saída, de pé, so quero ollar para o meu rostro no espello en descarado narcisismo e recoñecerme que formo parte de vos, mais non vos de min.
Vou mudar de camiseta e de pantalóns, xa non me chamaredes máis, non me recoñeceredes por que cambiei de estilo, so Chaplin podería entenderme desa forma.



Xa non vos voltarei a escoitar, o silencio será a miña única virtude. Paciencia. Os desertores non entenden a Baskiat, el forma parte de aqueles que poñen números de teléfono nas súas obras e máis por eso non a ensucian, non a traizoan, coma ti , coma vos, coma aquel que non contesta unha carta. Eu desfruto das conversas con mulleres, coas futuras nais desta década desgastada que se rompe e se destrúe a sí mesma, só elas poden voltar a crealo todo.

Agora a tarde tórnase pálida e emprego o rosa para o fondo dun lienzo por convicción, Tame Impala declama na súa melodía psicodélica e por fin chega o amado silencio para voltar a pintar as figuras que compoñen os meus impulsos prestos a servir de recordo do odio, da infancia, de ti e de min, e evoco a Jim coa vista seria e a voz envolvente que me atrapa co seu I’m the freedom man.
Saio do meu cuarto e baixo a rúa. Somos segredos con patas.
Redacción de Pablo Gómez Portas nunha introspectiva experimental a Álex Fidalgo del Río.
