
Bailando o dub quente do oeste
no medio dunha lagoa de bágoas
a ledicia esmorece,
o sorriso vaise caendo ó chan noxento ,
bailamos o dub quente do oeste,
por que o leste xa non xermina máis,
xa so quedamos nós,
a xente cabrona que baila o dub
mentres o dj pincha e o poeta recita
cancións escritas con sangue
nós seguimos a bailar.
E quizais esmorezamos todos xuntos
nesta festa brutal , incapaces
de entornar os ollos e mirar
ao mundo de día…
Manuel Jorge Maside Salgado
