A revolución dos cravos

A finais de 2010, sucedéronse unha serie de manifestacións en Portugal, debido a crise actual, xa que todavía perdura, e ten pinta de que nos fará compaña durante moito tempo. Eu atopábame en Lisboa facendo un Erasmus, e a cor das rúas trasformábase por completo neses días concretos. O feito de ver tanta xente, facendo corro a redor de calqueira expresión artística que se montaba con motivo da greve, era en certa maneira atraínte para os meus sentidos, e sempre me animaba co meu compañeiro de aventuras Noel, a quedarme no sitio, aínda que a ruta estivese prefixada. Vivíamos en calma, saboreando todos os actos que se presentaban ante nós, e disfrutabamos aprendendo e mollándonos da cultura lusa, xa que, chover chovía bastante por alí.

Nun deses actos, lembro que había unha rapaza loira, moi guapa por certo, e que estaba a cantar cancións que alí se engloban no fenómeno coñecido cómo canción de intervención. Todavía me pareceu que posuía unha beleza maior, máis radicada no que ven sendo o seu interior, cando a escoitei cantar. Facíao transmitindo unha sensibilidade e unha maxia que son difíciles de definir con palabras. Cantaba moitas que non coñecía, amén de míticas cómo a do Che Guevara ou algunha peza de José Afonso. Nese intre, pensei o que puido ser aquel mesmo espazo, que non lembro ben agora onde era, trinta e tantos anos atrás, cando o exército se botou á rúa, e con el miles de xentes de diversas profesións.

O 25 de abril é unha data sinalada no calendario portugués, xa que significou unha idea de cambio e progreso nun contexto económico moi similar ao que teñen hoxe, ao que tiñan cando eu cursaba alí os meus estudos, e ao que tamén temos aquí, dende logo, porque a historia dos dous países peninsulares sempre foi moi parella.

Naquel tempo, no que non estaban tan distantes as revoltas do 68, onde París se establece cómo referencia cultural para occidente, e que era un dos focos de exilio para os portugueses, unha idea clara xurdíu no estamento militar. Os dogmatismos significaban o freo de man dun coche que mete a primeira e pretende arrancar, polo que estes foron desbotados e, mediante unha toma non violenta das rúas, resumindo moito, conseguiron establecer un cambio na percepción dun órgano tan inmovilista e piramidal coma o exército. Cabe dicir cómo anécdota, de feito, que ata se lles permitiu aos soldados deixar medrar os seus cabelos, algo moi asociado a movementos progresistas.

Un dos artífices de tal feito, foi Otelo Saraiba de Carvalho, quen escolleu precisamente o que despois sería o “Himno Oficial” (Grândola, Vila Morena) da Revolución dos Cravos, que significaría a chispa de inicio de todo o que aconteceu, e que agora, a 41 anos vista, parece que foi simplemente un soño, xa que, curiosamente por feitos acontecidos naquel día, anos despois sería encarcelado o propio Otelo, por ser asociado a movementos comunistas de corte maoísta/terrorista. Por outra banda, esta claro que hoxe non son presa do salazarismo, máis sí o son dos mercados internacionais e da supranación europea.

Só nos queda dicir, polo tanto, que oxalá se volva dar o caso de que unha Celeste Caeiro se volva presentar no Rossio, onde eu pasei tantísismas horas cando vivín en Lisboa, e un soldado a carón do seu tanque lle volva pedir un pitillo, para que esta no seu lugar lle dea un cravo, que será colocada no canón, para que os únicos disparos que cuspa, sexan aqueles que van directos ao corazón, pero que non matan, senon que evocan o ideal dunha vida de cor de rosa.

David Conde Seoane

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s