Día do libro.

O 23 de abril é un día significativo para o mundo literario. O camiño percorrido polas letras ao longo da historia ten moita chicha, e no eido daquelas que se escribían en galego, a cousa foi aínda un tanto máis rocambolesca se cadra, xa que, a parte de loitar, en ocasións, cunha temática que non gozaba de afecto polos poderosos, encadear as palabras desa maneira, éralles cousa de gusto. Así vivimos épocas coñecidas por todos, caso dos séculos escuros ou, máis recentemente, o franquismo. Só hai que ver cómo funcionaba a toponimia, que prefería denominar algúns territorios coma “Puenteareas”, “Carballino”, ou “Regueirofozado”, en lugar de botarlle valor e falar de “Puentearenas”, “Roblecito”, ou, bueno, este último sí que foi respetado, pero porque a traducción sería algo tan estrambótico coma “Arroyorrevuelto.” A ver quen tiña valor de decir que vivía en tal lugar.

O 23 de abril sóese decir que é o día mundial do libro, xa que coincidiu co pasamento de autores coma Shakespeare ou Cervantes, dos que aínda por riba, casualidades das datas nas que se escribe este artigo, cumpren 400 anos de mortos, algo que ningún vivo pode chegar a contar no seu haber. O que nunca se fai, é o engadido de que tamén é o día internacional dos dereitos de autor, algo que é digno de reivindicar, sobre todo nos tempos que corren, nos que semella que iso da propiedade intelectual é unha cousa que non existe, ou non debera existir, pero que ao final só serve para reivindicar intelectuais de épocas que temos tan presentes coma o ano 1616, por exemplo. Isto vese moito no eido musical, no que os músicos colgan todo o seu traballo na rede, pero os aplausos da gran maioría os levan aqueles a quen lle tiñas que comprar un disco para escoitalos, e así os rapaces seguen a reivindicar figuras tan actuais coma os Beatles, por exemplo.

O 23 de abril é ese día no que a literatura ocupa as rúas, nas cales se colocan os postos ambulantes típicos das feiras, para amosar o producto que normalmente está á venda nas librerías/copisterías/papelerías que se poden atopar en calquera vila ou cidade. Tamén é o día máis factible para que as cámaras pillen “in fraganti” a alguén, ó estilo Mario Conde, en plan: “¡Oh! Me pillais aquí leyendo esta maravillosa obra legendaria de los Tres cerditos…” En realidade a obra non debía ser esa a que estaba a ler,  nin tampouco o dixo, pero o de aparentar que non sabía que chegaba a cámara onda el, foi así, ou polo menos eu así creín velo.

O 23 de abril é, en definitva, algo sobre o que quixen escribir, que, coma sempre, a idea era enfocalo dunha maneira totalmente diferente a cómo finalmente quedou, mais ahí radica a maxia da escritura que, cómo ben dicía un autor pola música, “se desvía e desvaría cada día en función do seu momento.” Que a literatura vos acompañe este, e todos os días que están por vir.

David Conde Seoane

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.