—Imos cancelar ese pedido de 4.000 carros de combate.
—E iso?
—Estivemos negociando cos dirixentes do outro estado e decidimos que podíamos arranxar as nosas diferencias dialogando. Espero que non che moleste esta decisión así a última hora.
—Para nada. Alégrome, eu sempre digo que é mellor falar as cousas civilizadamente.
—Pero ides deixar de gañar moitos cartos…
—Vahh,… que son varios centos de millóns de dólares comparado coa satisfacción de salvar vidas inocentes.
… e así é como os estados negocian coas empresas de armas.
Nas últimas semanas sospeitase que en certo territorio gobernado por un réxime dictatorial estase empregando armas químicas en zonas civís… pero cambiemos de tema, e deixemos a José Manuel Baltar e a sua afección por rociar as beiras das estradas con glifosato, para outro día.
O veganismo é una filosofía de vida moito máis antiga do que se cree. Xa durante Alta Idade Media era moi común entre a poboación europea. Pero as mortes por desnutrición, as extenuantes xornadas tirando do arado a man e a misteriosa epidemia que se desatou nos locales da Asociación de Amigos da Rata Negra; foron minguando os seus adeptos ata que deixou de ser tendencia.
Amancio Ortega donou a hospitais españois cerca do 0,4% da sua fortuna. A ver si o resto de empresarios toman nota, porque a parte de pagar salarios dignos, respetar os dereitos laboráis, crear emprego, non usar man de obra infantil e non evadir impostos…, en que axudan a sociedade española?
A cultura do esforzo é a única vía que lles queda aos mediocres que non lograron conseguir os seus obxetivos aproveitándose dos demáis.
Tomás Fraiz Velázquez