Escribín estas frases na festividade de Santa Prisca e San Volusiano:
- Si es dos que opinan que Rajoy, presidente do goberno, é medio parvo; non nós obrigues a xulgarte a ti que non te chaman nin para completar a lista de suplentes nas eleccións do túa poboación.
- Son moitos os que entraron en crise logo de entrar na Champions League. Sirvan de exemplo o Leicester de Ranieri, o Celta de Lotina ou a España de Zapatero.
- Mañá, por quincuaxésimo oitavo día consecutivo, Susanna Griso debaterá longo e tendido sobre o ruín e miserable que resulta valerse dunha menor de idade, enferma e con discapacidade intelectual para conseguir beneficio económico.
- Durante a Guerra Civil a moitos dos nosos avós sacáronos das súas casas para abandonalos en cunetas. Por sorte iso xa non sucede, a sociedade avanzou e agora sacámolos das súas casas para abandonalos en residencias.
- Recorda que cada vez que empregas bolsas de plástico de 5 ou 10 céntimos para cargar coa compra estás contribuíndo a salvar o planeta, non coma antes cando utilizabas aquelas contaminantes bolsas de plástico gratuítas.
Autor: Tomás Fraiz Velázquez