- O que esté libre de pecado que enseñe o seu historial de búsquedas por Internet.
- Agardo que algún ano, tras o sorteo de Nadal, os periodistas salgan na búsqueda dos verdadeiros protagonistas do día, para facerlle a seguinte pregunta: ¿Que se sinte logo de gastar en lotería o teu soldo, os cartos da extra de Nadal, dos regalos dos nenos e a pensión da sogra, e comprobar que non che tocou nin un triste reintegro?
- Os que tan duramente criticastes ó ex-ministro de cultura José Ignacio Wert, parece que sodes de memoria fráxil e obviades que a sua predecesora no cargo foi a guionista dunha das obras culmen do cine patrio como «Mentiras y gordas».
- Que pena da ver a xente tan nova, con tanta vida por diante, a rapaces que podían chegar a ser adultos espabilados , escoitando reguetón.
- Por moi ateo ou agnóstico que te consideres, por máis que intentes evitalo, por máis que negues escoitar a sua voz, por máis lonxe que te queiras esconder da sua presencia… onde queiras que estes, radio María seguirá tendo cobertura.
Autor: Tomás Fraiz Velázquez