Darling bolboreta

Cría na escuridade absurda

que che empapela ata as feridas heroicas,

que nunca cicatrizaron.

Cría na sorte que predicaban pitonisas

moi mal pagadas.

Cría na intelixencia da política,

dos artistas,

e sobretodo,

cría na dos maxistrados.

Pero un día,

sen ser domingo nin luns,

para variar,

decidín deixar de crer na utopía.

Pensei na luz

e saiume claro-oscuro.

Pensei na farsa

e rexeitei a intelixencia astutamente honrada.

Confiei en que o problema

era eu e non o mundo.

E chorando,

saiume rir tanto

que afogaba no delirio

dunha frustante teoría mal formulada.

Non entendo.

Será que a loucura estaba entrando en min,

na miña casa,

tornada en cheiro insán?

E desmaieime.

Que tortura o non saber!

Pero que alegría

saber que inda non sei.

Cuestioneime se realmente existía a fantasía,

zozobrei aventuras de xitanas bonitas

que non sabían nadar,

torturei melodías,

e pequei co mundo no que estaba.

A curiosidade ante o cambio

é como a hedra do edificio pouco adornado,

compleméntanse.

Rétame a osadía dos foráneos

que se cren donos da terra.

Gústame o arte tanto como a mel.

Susurreille a un golfiño

que me mareaba o conflicto,

e sen querer,

asusteino.

Se quero,

podo aparentar que non sei respirar butano

ou que se me rompeu un ril.

Non creo no amor eterno,

mais cando vivía en utopía,

sí sabía namorar(me).

Eu,

chámome aventura,

e ela,

desafiuzoume por aduladora.

Autora: Tamila Alem González

Fotografía: Andrés Baltar Regueira

Para saber máis:

darlingbolboretas.blogspot.com.es (blog da poetisa Tamila Alem)

Tamila Alem González, Darling bolboreta (Libro que podedes adquirir no café cultural El Pueblo, en Ourense).

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.