Chegou ó final de ano e que mellor que ramatalo cun novo programa Orballo de Radio Allariz? Como podestes notar aqueles que nos sigades na nosa páxina levamos unha semana sen publicar, debido a que ata o día 13 de xaneiro estamos de parón, aqueles que non poidades esperara ata ese día para ler os nosos traballados podedes seguirnos en Facebook na páxina Revista Orballo, onde estas semanas festivas estamos colgando o TOP 10 dos artigos máis lidos. Tamén avisamos que a semana vindeira non haberá radio, volveremos con novos programas o día 13 de xaneiro. Para rematar felicitarvos o 2017 e agradecervos a vosa fidelidade, voltaremos no novo ano con máis traballos e moitas novidades. Non o perdades!

Neste programa 12+1 tivemos:
Programo Orballo 12+1 (para escoitar podcast preme aquí)
A entrevista ó escritor e músico Vicente Araguas, que nos falará das vivencias do seu compañeiro no grupo Voces Ceibes Bibiano Morón, falecido o pasado 28 de decembro.
No faladoiro de hoxe: Nestas datas onde todo é ledicia e bos desexos para todo o mundo nós preguntámonos, «É o ser humano bo ou malo por natureza?»
Para rematar faremos unha sección especial sobre este ano 2016, cun recopilatorio especial dos «gazapos» cometidos polo noso equipo nestes meses de emisión para rematar o ano cun bo sorriso.
