Xa podedes desfrutar do Programa Orballo 15. Desculpade pola tardanza, tivemos problemas técnicos e non poidemos por o programa a vosa disposición ata hoxe.
A visita da poetisa Silvia D.N. que nos falará do seu libro recentemente publicado.
Silvia D.N.
No faladoiro trataremos un tema ás veces polémico: «O Humor», vale todo no humor? Cal é o límite entre a ofensa e broma? Pódese censurar? Estás son algunhas das preguntas que tentaremos respostar.
E para pechalo programa unha das nosas seccións musicais, Doña Melitona, adicado á artista cubana Danay Suárez.
Danay Suárez
Lembrade que podedes sintonizalo en directo no 107.2fm ou online na web de radio Allariz tódolos venres de 16:30 a 18h. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.