Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Programa Orballo do 18-01-2018
Faladoiro:Galicia vista polos non galegos. Neste faladoiro especial teremos unha mesa redonda con convidados de foráneas (tanto do resto da península coma de alén dos Pirineos) que nos contarán cales eran as impresións que tiñan das terras galaicas antes de vir e cales son as que teñen hoxe que residen con nós, son certas as crenza que hai sobre Galicia e as súas xentes?
O Carrabouxo (Viñeta collida prestada ó gran Xosé Lois)
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Entrevista: no novo ano regresa esta sección ó programa. Para a estrea tivemos a Iris Justo e Miriam González que nos falaron sobre o seu proxecto A Memoria da Raia.
Faladoiro: A Nada, que é a Nada? Significa para tódalas persoas o mesmo? Podemos chegar a albiscaba? Comezamolo 2018 cun tema tan complexo e abstracto coma este, pura filosofía na volta de Orballo!
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2 fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.