Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 18 : SOBRE A VIOLENCIA

Este novo capítulo podemos dicir que foi un dos mellores deste novo ano. A que esperades para escoitalo?

Programa Orballo 18 (Para escoitalo podcast preme aquí)

Neste programa tuvemos:

A entrevista ó xornalista musical Jason Cenador, integrante da mítica revista Heave, entre outros espazos relacionados ca música rock.

jason-cenador
Jason Cenador

No faladoiro: «A violencia«: Por que usamos a violencia? A persoa nace violenta ou é un recurso que emprega nun momento dado?

goya-1
Duelo a garrotazos de Goya

Neste faladoiro tuvemos a honra de contar ca colaboración especial da xornalista da TVG Lucía Rodríguez.

934017_527564433996620_59808716_n
Lucía Rodríguez

Lembrade que podedes seguilo programa en directo cada venres de 16:30 a 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Capítulo 17 : A Movida dos Oitenta

Polo San Blas un novo Programa Orballo escoitarás! O 3 de febreiro saíu unha nova entrega de Orballo que ven cargadiña:

Programa Orballo 17 (Para escoitalo podcast preme aquí)

Entrevista ós Heredeiros da Crus que nos falarán dos concertos que estas vindeiras semanas darán en Bilbao, Barcelona, Madrid e Ponferrada.

David Nóvoa Sequeiros
Tonhito de Poi de Heredeiros da Crus

No faladoiro: Un especial de La Movida Madrileña, co gallo do falecemento de Paloma Chamorra, miramos a este movemento cultural dos 80. Que significou á movida? Que hai de certo no rumor de que foi empregada polo goberno coma un método de control da xuventude?

foto46266_29779_1
Paloma Chamorro

Lembrade que podedes escoitalo en directo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz de 16:30 a 18h tódolos venres. Non o perdades!