Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 16: Os medios de comunicación galegos.

Aquí tedes o novo Programa Orballo:

Programa Orballo 16 (Para escoitar o programa preme aquí)

Entrevista á actriz ourensá Laura Míguez, que nos falará da súa obra de teatro Resaca, que estes días represéntase no Auditorio Municipal de Ourense.

alaura-miguez
Laura Míguez

No faladoiro de hoxe: “A evolución dos medios de comunicación en galego”: Co gallo do 35 aniversario do parlamento galego analizamos unha das novidades que trouxo a autonomía, a fundación da RTVG, como evolucionou este medio nestes anos? Ten futuro o galego coma vehículo de transmisión nos medios de comunicación e entretemento? Para este espazo hoxe contamos ca colaboración especial de Moncho Lemos.

moncho-lemos
Moncho Lemos

E para rematar unha nova entrega da sección musical Doña Melitona, nesta ocasión dedicada ó mítico programa da TVG Xabarín Club.

xabarin2

Lembrade que podedes sintonizalo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz  tódolos venres de 16:30 a 18h. Non o perdades!

Capítulo 15: Crise no «Humor»

Xa podedes desfrutar do Programa Orballo 15. Desculpade pola tardanza, tivemos problemas técnicos e non poidemos por o programa a vosa disposición ata hoxe.

Programa Orballo 15 (Preme aquí para escoitar podcast)

Neste capítulo temos:

A visita da poetisa Silvia D.N. que nos falará do seu libro recentemente publicado.

silvia-d-n
Silvia D.N.

No faladoiro  trataremos un tema ás veces polémico: «O Humor», vale todo no humor? Cal é o límite entre a ofensa e broma? Pódese censurar? Estás son algunhas das preguntas que tentaremos respostar.

E para pechalo programa unha das nosas seccións musicais, Doña Melitona, adicado á artista cubana Danay Suárez.

danay_suarez_3
Danay Suárez

Lembrade que podedes sintonizalo en directo no 107.2fm ou online na web de radio Allariz  tódolos venres de 16:30 a 18h. Non o perdades!