Capítulo 64: O NEGACIONISMO

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 18 de xaneiro de 2019

Ir a descargar

Entrevista:  o Doutor, pola universidade de New Orleans, Frank Ortega Smith, que nos falará da obra da súa vida, «La Tierra plana. El método parishov: una confirmación«, traballo onde, segundo el, pode demostrar que o planeta Terra é plano e que os poderes que rixen o mundo estannos a enganar dende fai séculos.  

Mapa da Terra plana

Faladoiro, O Negacionismo:  aprobeitando o tema da entrevista os nosos colaboradores abordarán no faladoiro as teorías alternativas que negan o que no noso mundo son aceptadas coma verdades absolutas.

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Cp 64: Entrevista ó Dr Ortega Smith

Entrevista correspondente ó Programa Orballo do 18 de xaneiro de 2019.

Cp64: Entrevista ó Dr Ortega Smith

Ir a descargar

Aprobeitando a visita que fixo á cidade de Ourense a pasada semana, entrevistamos ó Dr Ortega Smith. Unha entrevista incómoda na que o noso convidado defenderá unha ideoloxía que creíamos pasada e soterrada no tempo, mais nas últimas semanas voltou a ser actualidade. Non a perdades!