Entrevista en Video a Manuel J.Maside

Entrevista realizada o xoven poeta Manuel Maside dende a categoría «Introspectiva» seguímola senda, temos memoria.

En Introspectiva , Pablo Gómez Portas tenta introducirse nos emblemas do entrevistado , nos seus pensamentos , nas súas inquedanzas e influencias de diversa índole. Esta entrevista realizada durante este ano 2018 é un antes e un despois en canto a análise da figura do poeta ourensán Manuel J. Maside que logo de participaren en Orballo de maneira constante , debémoslle , pola sua calidade literaria os  respetos de » Poeta» e os agradecementos polo interese mantido de cara o noso medio. 

Entrevista de Pablo G. Portas a Manuel J. Maside

Cámaras Brais Sanchez e Xosé Garrido

Montaxe: Brais Sanchez 

Segundo Edicto de Manuel J. Maside

Era doutro tempo
Fíxose estatua de sal para non sufrir
Degolado
Fume espeso

Tantos pasos sen camiñar
A tolemia doutro tempo
Fica escuro
Sangra
Deitado na área cavila
Dun xeito ceremonioso e marabilloso

Albisca a noite no peito
Fuga e danza/baleiro
Era un home intelixente
Fuxíu coma fuxen os ratos
Dulcemente/cun sorriso

Quedan os adoutrinamentos
Queda a sensación de vómito
Ardendo
Coma arden as follas dos libros
Déixao todo
Está a bulir