Chegou o venres! Xa case pasou outra semana e que mellor maneira de despedila que con outra entrega do Programa Orballo!
Podcast do Programa Orballo 11 (pincha aquí)
Neste programa teremos:
Unha entrevista ó youtuber Jorge, Xheo Gaming, que nos falará da súa experiencia co seu canal de youtube e contaramos como funciona esta nova profesión.

No faladoiro: «O fenómeno youtuber». Unha moda pasaxeira? Son os medios de comunicación do futuro? Co gallo da entrevista ó youtuber analizaremos este fenómeno que ven pisando con forza nos últimos anos.

Doña Melitona: Nesta entrega a sección será dedicada ó cantautor cubano Silvio Rodríguez, que o domingo 11 estivo de aniversario.

Lembrade que podedes escoitalo en directo no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz de 16:30-18h. Non o perdades!!