Xa está aquí un novo podcast de Orballo! Neste capítulo:
Programa Orballo do 2-03-2018 (para escoitalo podcast preme aquí)
revistaorballo.com: Comezamos facendo un repaso as útimas novidades na nosa web, revistaorballo.com, comentando os artigos publicados durantes os días previos á emisión.
Entrevista: mantemos unha coversa con Moncho Conde Corbal, xornalista ourensán e dono do café cultural El Cercano, que nos falará sobre as xornadas sobre o fracaso que celebrará no seu local o vindeiro 20 abril.

Faladoiro: O Fracaso, sempre falamos de aqueles que triunfaron nas súas vidas, ou pola contrada de outros que tras tocar fondo emerxeron e coñeceron os meles do éxito, pero pola contra que lles ocorreu aqueles que non tiveron tanta sorte? Como asumimos os nosos fracasos? Foi Chaplin o primeiro que fixo un papel protagonista dun antiheroe fracasado? Que nos ensina a parábola chinesa do home e o cabalo?

Lembrade que podedes escoitalo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!