Enchida a miña alma
de pó magro e morna chuvia.
Os ósos bailotean na enteireza
da ladaíña que choro internamente.
Cismo no ocaso do meu ouro
a prateada pobreza do meu rostro.
Enxoito vou, dende nado,
de nimiezas infames que aborrezo.
Esgrimo un rezo vano e choro croios
pola presenza da miña aflixida ausencia.
Se fose eu vento grato,
ese mesmo ventoque desfolla as pónlas,
esquecería deste longo tempo,nesta hora,
derramando follas tristes sobre o Sena.
Cántolle á arxila na que estou moldeado
neste lecer de bagatela como a auga.
Esculpiume a azorosa pesadume
cuxa ignorancia fita empoleirada
a servidume para a que fun creado.
Ismael Fontán Pérez
Ilustración: Mar Ocampo