Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Deseño con selo ourensán

Visitamos Basquiart, un concepto distinto de tenda que xa está ben arraigado nas grandes urbes, e que fai tempo empeza a poboar o ecosistema cormercial ourensán e galego

Dende fai aproximadamente un ano, e recorrendo a cidade, podemos notar un aumento dun tipo de tendas un tanto distintas, primordialmente no núcleo cultural da urbe, o casco vello. Con escaparates singulares e un coidado interiorismo, estas centrais do deseño e da cultura coñécense nas grandes cidades como gallery shops (tendas galería), onde xa levan ben tempo formando parte imprescindible da súa oferta comercial. Agora estas tendas, aglutinadoras de novos artistas e deseñadores, chegan a Ourense e Galicia.

_MG_6726

Camiñamos pola rúa Colón e case ao final, facendo esquina entre o centro de Iniciativas Empresariais e o Pequeno París, atópase un verdadeiro descubrimento, Basquiart. Dentro agárdanos a voz de James Brown cantando “this is a man´s world” e aínda que o que nos recibe é un home, Abraham Caride, artífice deste espazo, aquí tamén hai moito traballos de mulleres coma non podía ser doutro modo: pezas de artesanía e souvenirs de deseñadoras autóctonas, parches retro, materiais de pintura, libros de bolsillo, axendas de Castelao e Rosalía, unha zona para exposicións… na tenda respírase espíritu galego con vocación universal, quizáis “Dende Galicia para o mundo” inspirou máis a toda unha xeración do que podemos imaxinar.

_MG_6761
Abraham Caride na porta de Basquiart

“Comencei facendo traballos de ilustración, encargos de cadros e retratos, tamén graffiti, facía un traballo freelance en xeral”

Falamos con Abraham para coñecer un pouco da historia trala tenda, e explícanos que estudou Deseño e Ilustración na FAILDE pero a vocación emprendedora sempre estivo na súa xenética, polo que a idea de montar o seu propio negocio rondáballe xa antes de rematar os seus estudos. Abraham fixo prácticas nunha imprenta pero ese non era o seu soño polo que comezou a buscar clientes.

“Quería aproveitar o espazo. A tenda da para manterse e compenso cos encargos que teño como deseñador pero quería ter un lugar onde expór o traballo doutros artistas e artesáns, que a xente poida ver os seus productos”

Abraham pecha algunhas mañás para atender aos seus clientes facendo Basquiart as veces de oficina/estudo de deseño, pero o seu gusto pola calidade estética e artística impulsouno a materializar finalmente un espazo deste estilo, unha gallery shop. Entre os seus vendedores están: Cestola na Cachola, Andrea Gurumis, Mágicos Gagarin, Iria Prol, Xira Lúa… xente que está a vender xa incluso a nivel internacional pero tense que abrir paso a empurróns aquí en Galicia.

Rematamos de falar con Abraham e coméntanos que a súa predilección é o muralismo polo que lle ofreceu ao Concello reiteradamente embelecer fachadas deterioradas da zona vella gratuitamente, pero decidiron declinar a súa propósta. O seu esforzo está centrado na expresión cultural en tódalas súas formas.

_MG_6728

“Estou aberto a colaborar con todo o mundo por iso acollo exposicións e ata concertos, no campo da arte non hai nada escrito e os gustos da xente son moi diversos, por iso trato de ofrecer un abanico amplo”

Quedamos un rato na tenda porque é imposibel saír sen curiosealo todo, eu merco un parche de Mars Attacks e un par de artículos para regalar, agardando que tanto Basquiart como todos os novos artistas que aquí se expoñen non se convirtan en extraterrestres na súa terra, senón máis ben, en embaixadores dela.

Autor: Roberto Nespereira Pereira

Fotografía: Cris Armadanzas

Capítulo 23: SOBERANÍA NACIONAL

Xa está aquí un novo Programa Orballo!

Programa Orballo 23 (Para escoitalo podcast preme aquí)

Neste programa:

Entrevista a Toñyto García músico do grupo Los Jinetes del Trópico que nos falará da Batalla de OurenBandas que se celebrou o venres 17 no café cultural El Pueblo.

Los jinetes del trópico
Los Jinetes del Trópico

Faladoiro: «O rexurdimento dos nacionalismos, voltará a mudar o mapa europeo?» Un tema de rabiosa actualidade, os movementos independentistas en Escocia e Cataluña, o Brexit ou a guerra en Ucraina están a cambiar a concepción que tiñamos de Europa, que futuro agárdalle ó Vello Mundo?

Escocia
Manifestación independentista en Escocia

Nova sección «Momentos Innominables«. Un novo espazo chega a Orballo, nesta sección comentaremos de forma distendida un tema posto enriba da mesa por un dos contertulios. Se queres saber cal tema tratamos terás que escoitar o programa.