En Orballo Revista de Cultura e sociedade seguimos traballando , tamén no derradeiro programa deste ano 2018 e onde poñemos fin a tempada non ía a ser menos ; desta volta comentamos todo o sucedido na moción de censura o goberno e analizamos o comportamento dos partidos tanto nacionais como a nivel galego e onde grazas ao graduado en ciencias da cultura Lucien Petitjean tivemos a oportunidade de facer unha comparativa entre a forma tanto actual como histórica da composición das cortes francesas e españolas aumentando desta maneira a prespectiva tanto a nivel obxetivo ( datos ) coma a nivel reflexivo e descriptivo do panorama nacional actual.
Nunha segunda parte os comentarios foron dirixidos tanto por David Sabucedo , Roi Nómade e Pablo G.Portas de cara a análise dun ano que remata ou máis ben dunha tempada e onde falamos da experiencia en Vitoria-Gasteiz, dos eventos no local O´Renque, das discusións e da experiencia vivida e tamén dos artigos , poetas, poemas e demáis participantes nesta tempada que voltará a andar de cara a setembro. Despedímonos pero non e un adeus se non un atan pronto:
O consello de redacción de Orballo » Revista de Cultura e sociedade»
Xa está todo dito, escrito, analizado…non vos vou descubrir a pólvora con este artigo, nin vos vou facer unha predición por moito que sexa de terra de meigas. Pero fareivos unha curiosa comparativa que espero que vos leve a reflexionar.
….
Hoxe vivimos a primeira moción de censura que prospera en democracia en España. Houbo un acordo maioritario da cámara, (a Sánchez aínda lle sobraron votos) con 180 síes que soaron forte no hemiciclo e que nombraron a un novo presidente e destituiron ao anterior.
Esa foi a realidade, está é unha posible interpretación:
Na película de ‘Tú a Londres y yo a California’ (The parent trap, 1998) dúas irmás xemelgas, Hallie Parker e Annie James, encóntranse cara a cara de casualidade nun campamento. Non saben da existencia da outra ata que se ven e son conscientes de que xa nada será o mesmo.
Hallie e Annie son moi diferentes. Descóbreno en multitude de enfrontamentos.
Pois ben, algo así pasou entre Sánchez e Rajoy.
Moi distintos entre sí, con traxectorias completamente opostas e con encontros, canto menos, incómodos.
Rajoy, vello gran xestor, presenciou toda a historia importante, de Alianza Popular primeiro e do Partido Popular despois. Home sen carisma, pero cuadriculado e de decisións meditadas. Igualiño ca Annie a xemelga pija da película, que se criara entre algodón e porcelana e que tiña un forte sentido do deber, pero falta de espontaneidade e toma de decisións.
Rajoy négalle o saúdo a Sánchez (fotg: El País)
Hallie, a xemelga impulsiva e simpática, vese representada por Pedro Sánchez.
Home que despuntou no PSOE coma un terremoto de altura de xogador de baloncesto (chegou a xogar no Estudiantes) e con rictus serio pero de fortes conviccións.
Moi distintos, sí. Pero moi iguais.
O cruce de camiños foi malo, de choque de trens, con velocidades distintas pero cun mesmo destino.
Hallie e Annie rétanse na película a unha loita de esgrima, e gaña Annie.
Na primera volta Annie/Rajoy gañou, recordades aquela foto na que o presidente lle negou o saúdo a Pedro Sánchez abrochándose a chaqueta? 12 de febreiro do 2016, momento no que o executivo de Rajoy facía ronda de contactos para conseguir os votos da investidura.
Esa imaxe representa a mala relación entre eles.
Na loita de esgrima, a gañadora clara foi Annie/Rajoy. Pero Hallie/Sánchez, devolveulle a xogada retándoa a tirarse ao lago núa. Cousa que fixo, para roubarlle a roupa despois.
Despois diso as xemelgas intercambiábanse na película. Annie ía a California e Hallie ía a Londres. Sóavos?
Sánchez está camiño da Moncloa e Rajoy irá cara Sanxenxo, xa sabemos como lle gustan os paseos por alí no verán.
No filme, as xemelgas encontrábanse de novo, os pais remataban xuntos e vivían “felices los 4” que diría a canción?
Pois ao fin, o máis importante é que os 4 grandes partidos (e os que sexan) poidan chegar a un diálogo produtivo, a unha transparencia absoluta, a unha corrupción cero e sobre todo a unha boa convivencia.
Hoxe pasou que ás veces hai un cese temporal da convivencia porque a relación non funciona. E outras veces, inténtanse terapias novas que poden resultar ou non.
Na película, o experimento das xemelgas é dun intercambio de papeis para coñecer mellor ao proxenitor perdido en cada caso e conectar.
Rajoy abandona o Congreso (fotog: El Periódico)
Ti a Sanxenxo e eu a Moncloa.
Neste caso o proxenitor perdido, co que hai que conectar é o país.
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.