Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Capítulo 50: A Educación Pública

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo, e xa levamos medio cento! Neste capítulo:

Podcast Programa Orballo do 20-04-2018

Entrevista: Falaremos sobre as eleccións ó claustro da UVIGO ó luns 23 de abril, con Raquel e Sabela de Rede Estudantes, dúas das candidatas a estes comicios, que nos relatarán polo miudo todo o que hai que saber sobre esta festa da democracia na universidade.

29354441_165352950837543_8878621433327287895_o
Logo de Rede Estudantes, plataforma estuadantil

Faladoiro: Levamos moito tempo pensando en falar da «Educación Pública«, mais cando a actualidade está quente neste eido. Todo esto e moitos temas máis co bo humor de acotío.

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

OUTLINES

Melodic Hardcore ourensán

Álex Fidalgo entrevista en Orballo TV  ó grupo de música ourensán Outlines na súa sala de ensaio no barrio do Polvorín. Comentaremos con eles como están levando o éxito do seu último álbume, a presentación do videoclip do tema Rope, a súa xira por España e moitos outros temas da actualidade do grupo así coma da súa historia. Quedades na compaña de Outlines: