🎥#NovasOrballo: Abrimos en Orballo TV unha crónica semanal levado a cabo polo integrante de Orballo Roberto Nespereira Pereira onde repasará as novas que afectan a Galicia máis importantes tanto a nivel cultural coma político. Esta semana tanto a resolución dos premios do audiovisual galego coma a manifestación pola sanidade pública en Santiago de Compostela foron algunhas das máis destacadas.
Álex Fidalgo entrevista en Orballo TV ó grupo de música ourensán Outlines na súa sala de ensaio no barrio do Polvorín. Comentaremos con eles como están levando o éxito do seu último álbume, a presentación do videoclip do tema Rope, a súa xira por España e moitos outros temas da actualidade do grupo así coma da súa historia. Quedades na compaña de Outlines:
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.