Archivo de la categoría: Artigos

Capítulo 59: Orballo recomenda

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 30-11-2018

 

Entrevista: Lorena Alonso García falounos de como foi a súa experiencia en África cando estivo coma cooperante en Kenia, unha viaxe que mudou para sempre súa vida.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Faladoiro: nosos colaboradores fan un repaso os artigos publicados durante o mes de novembro en Revista Orballo: poesía, historia, cine e humor, etc. Tamén fan recomendacións literarias e cinematográficas para comezar decembro, collede lapis e papel.

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres as 18:30h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Noa Moreira. Poesía

Vivimos os dous perseguindo o mesmo.

Corremos atrás da beleza caduca dos carballos que brotan no asfalto.

Nunca máis estaremos xuntos.

————————————————————-

Sangro palabras porque xa non hai estacións.

Desaparecen coa túa fuxida branca e silenciosa.

Viaxas polo mundo na miña cabeza.

———————————————————–

Pensei que os versos que levo cravados no pescozo botarían a berrar.

Ti xa dixeras todo.

O meu lugar tamén foi mar algunha vez.

————————————————————

Eu sei e comprendo a pose cruel e de futuro

que nos ofrece a vida despois do último suspiro.

E caio rendida.

———————————————————

Tamén estou obsesionada.

Ese o aberto e pechado das baldosas violetas polas que camiño.

E o momento exacto no que deixamos de ser musas.

Autora: Noa Moreira
Fotografía: Xose Garrido