Archivo de la categoría: La Chica de la Pisa

La Chica de la Pisa

 

pelos
Ilust: Antía Alberte

PELOS

Muller, que o único sitio no que non tes que ter pelos, é na lingua.
Que o demais é opcional (ou debería selo).
Que as túas pernas deberían de rasgar máis que a túa angustia cando te ollas no espello,
e que a única curva que deberías de mudar, é a do teu sorriso cando está do revés.
E se non te queres ti, dime, quen o vai a facer?

sair_molde
Ilust: Antía Alberte

SAIR DO MOLDE

O caso non é levar a contraria, nin sequera sairse do molde.
O caso é, que logo de certas loitas, xa non entras nel.
E o máis importante: xa non queres volver a entrar.

 

 

 

xaque_mate
Ilust: Antía Alberte

XAQUE MATE

As estrías, as tatuaxes.
As bágoas, a tinta dos meus versos.
Cada debuxo, unha vinganza.
Cada palabra, un coitelo que se incrusta nas túas entranas.
Algún día, abandoarei este corpo, pero eu? Eu serei para sempre, e estou aquí para
encargarme delo.
Movestedes peza moitos anos, e á fin aprendín a xogar.
Tócame, é o meu turno:
XAQUE MATE.

 

 

Antía Alberte

Para saber máis:

La chica de la Pisa (blog)

 

 

 

Que non saiban que os vampiros, foron persoas unha vez

O día pasaba tan lento

coma a sede de tres meses sin foder.

Pero cando chegaba a escuridade da noite,

alumeaba a miña vida sen sentido.

Vamos, vístete!

Píntate coma a morta máis viva,

ponte o sorriso, agocha os cabeiros

para o momento de ataque.

Coma un vampiro sedento de alcohol,

que absorbe pescozos desamparados.

Necesito saciar as miñas gañas de chorar,

necesito converteros laios en orgasmos.

Cunha pirola dentro

o baleiro está máis cheo.

Vamos, métema!

Logo de pasarche o veleno,

daraste conta de que estou máis morta

que as flores do cemiterio

o día de todos os santos.

Vamos, vístete! Imos foder licántropos.

Agóchate, ponte a máscara,

que non saiban que os vampiros,

foron persoas unha vez…

3
Ilustración de Antía Alberte Maneiro

Antía Alberte Maneiro

Para saber máis:

https://lachicadelapisa.blogspot.com.es/