
Capítulo 37: Drogas, a musa dos nosos tempos?

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Programa Orballo do 8 de decembro de 2017 (para escoitalo podcast preme aquí)
Faladoiro, L’adoctrinacio: nas derradeiras semanas ó debate sobre historia de España pasou do eido académico ó gran público por mor do conflicto catalán. Uns e outros acúsanse mutuamente de falseala historia e adoutrinar ós máis novos ca ideoloxía nacionalista. Postos en antecedentes preguntámonos: Que relación garda a historia co nacionalismo? É a historia que coñecemos unha verdade irrebatible? Está a sociedade suficientemente preparada para este debate?
Microcápsulas, Curtis Harding: a nosa sección musical ven adicada nesta quenda a este artista norteamericano que nos derradeiros anos estase a abrir un oco na mundo do soul.
Lembrade que podedes escoitalo porgrama tódolos venres ás 16h e 22h horas en Radioa Allariz no 107.2fm ou na web do Concello de Allariz. Non o perdades!