Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 60: Salud y Monarquía

Podcast do Programa Orballo do 14 de decembro de 2018

Ir a descargar

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz. Neste capítulo:

Entrevista:  Raquel, unha das organizadoras do referendo sobre a monarquía do 12 de decembro no Campus de Ourense, falarannos de como foi a xornada electoral no campus da cidade das Burgas.

Fotografía do referendo en Ourense (Referendo Ourense)

Faladoiro Salud y Monarquía: nosos colaboradores comentarán os resultados dos referendos e manterán unha tertulia sobre a república e a monarquía. Está a sociedade española preparada para afrontar este debate? 

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Capítulo 59: Orballo recomenda

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 30-11-2018

 

Entrevista: Lorena Alonso García falounos de como foi a súa experiencia en África cando estivo coma cooperante en Kenia, unha viaxe que mudou para sempre súa vida.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Faladoiro: nosos colaboradores fan un repaso os artigos publicados durante o mes de novembro en Revista Orballo: poesía, historia, cine e humor, etc. Tamén fan recomendacións literarias e cinematográficas para comezar decembro, collede lapis e papel.

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres as 18:30h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!