Xa está dispoñible un novo podcast do Programa Orballo!
Podcast Programa Orballo do 2 de novembro de 2018
Neste capítulo:
Faladoiro: É o Samaín unha tradición galega? A nosa mesa debate sobre a orixe de Samaín e Halloween, e se sobre esta festa é de verdade unha tradición de Galicia
A equipa de Orballo grabando a sección Historia Orballo
Historia Orballo: Volve a sección de historia, nesta volta falamos sobre o conto tradicional O Ferreiro e o Demo, cuxa versión vasca inspirou a película de 2017 «Errementari, el herrero y el diablo».
Ilustración de Castelao para Un Ollo de Vidro
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h no 107.2FM ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Xa está aquí o primeiro Programa Orballo de Radio Allariz!
Programa Orballo do 26-10-2018
No capítulo de hoxe:
Neste primeiro programa comentamos as novidades que tivemos en Revista Orballo neste comezo de temporada. Con Manuel J. Maside comentamos a súa obra de teatro Estigma, obra que estamos a publicar nesta revista cada mércores. A raíz do artigo de Mar Álvarez, Relato con Lingua, falamos con 5 galegofalantes de diferentes recunchos do país coma foi a súa chegada a universidade e coma a lingua influiu na súa forma de relacionarse cos compañeiros; Antía Alberte e David Conde tamén nos falaramos do proxecto as Portas do Xurés, un plan de potenciación turística do Parque Natural do Xurés.
Equipa de Orballo na estrea da tempada
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30 no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.