Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 38: Adeus ó 2017

Xa está a vosa disposición ó derradeiro Programa Orballo de 2017! Neste capítulo:

Programa Orballo do 22 de decembro de 2017 (Para escoitalo podcast preme aquí)

Faladoiro especial sobre as principais novas da derradeira semana de 2017, analizaremos os resultados das eleccións catalás do 21-D; faremos un repaso pola historia e tradicións do Nadal e para rematar teremos a nosa particular porra de O Noso Derbi. Todo esto aderezado cun toque de humor para entrar co mellor pé no novo ano.

Lembrade que podedes seguilo programa cada venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Capítulo 37: Drogas, a musa dos nosos tempos?

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Faladoiro especial: Drogas, a musa dos nosos tempos? Neste programa falamos do emprego das drogas coma canalizadoras da creatividade. Dende cando se consumen? Que artístas as empregaron? Realmente hai artistas que as converteron nun modelo de vida ou é mero produto do marketing?
sociedad-ayah-37-1-700x457
Chamán preparando ayahuascas
Lembrade que podedes escoitalo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!