Faladoiro: hai unha crenza moi espallada que di: Galicia e Exipto son as terras do mundo onde máis se venera á Morte. A nosa mesa de expertos tentará probar se esta afirmación segue sendo certa dando un repaso polas tradicións e folclore que hai na nosa Terra a este respecto, e vendo cales seguen estando «vivas».
Santa Compaña
Microcápsulas: unha nova entrega da nosa sección musical vai adicada nesta entrega ó grupo brasileiro Bixiga70.
Bixiga 70
Lembrade que podedes seguilos programa en directo cada venres as 16h e 22h en Radio Allariz no 107.2Fm. Non o perdades!!
Este capítulo ven da man dun especial sobre o 100 aniversario da Revolución de Outubro de 1917, movemento que rematou ca Rusia do zares e supuxo ó comezo da era soviética. Para analizar este suceso, de capital importancia para a historia mundial, contamos ca colaboración especial do experto na materia César Mouriño. Un programa apaixoante que non debes perder!
Discurso de Lenin
Lembra que podes seguilo programa nas ondas tódolos venres as 16h e 22h en Radio Allariz no 107.2 Fm.
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.