Faladoiro, Imperialismo e Globalización: neste programa analizamos a raibosa actualidade española e mundial. A nivel global os ollos do mundo miran a Venezuela, onde unha movilización da oposición, apoiada por potencias estranxeiras, ameza o goberno de Nicolás Maduro. Sabedes que ten que ver Julio Iglesias en todo esto? Por outra banda en España o sector do taxi paraliza a capital, na que podería ser a derradeira batalla entre o vello mundo e un futuro que xa está aquí. Non o perdades!
Afundimento do acorazado de EEUU, Maine, en La Habana (1898)
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Entrevista: o Doutor, pola universidade de New Orleans, Frank Ortega Smith, que nos falará da obra da súa vida, «La Tierra plana. El método parishov: una confirmación«, traballo onde, segundo el, pode demostrar que o planeta Terra é plano e que os poderes que rixen o mundo estannos a enganar dende fai séculos.
Mapa da Terra plana
Faladoiro, O Negacionismo: aprobeitando o tema da entrevista os nosos colaboradores abordarán no faladoiro as teorías alternativas que negan o que no noso mundo son aceptadas coma verdades absolutas.
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.