Aprobeitando a visita que fixo á cidade de Ourense a pasada semana, entrevistamos ó Dr Ortega Smith. Unha entrevista incómoda na que o noso convidado defenderá unha ideoloxía que creíamos pasada e soterrada no tempo, mais nas últimas semanas voltou a ser actualidade. Non a perdades!
Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Programa do 11 de xaneiro de 2019:
Faladoiro sobre «A procura da Felicidade»: Neste primeiro programa do ano a nosa mesa de colaboradores debate sobre que é a Felicidade e cal e o camiño que conduce a ela. Inflúe a paisaxe e o clima? É un sentimento que dura un instante ou é algo continuo? Que nos produce ese sentimento? Que mellor forma de falar deste tema que botando unhas risas en boa compaña?!
Paisaxe suizo (Camino Granado)
Estoume rindo ca vida (Antía Alberte)
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.