Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 62: O Nadal en soidade

Xa está aquí o derradeiro podcast deste 2018! Neste capítulo:

Programa Orballo do 28 de decembro de 2018:

Faladoiro «O Nadal en Soidade»: Neste días dos Santos Inocentes tivemos o derradeiro programa do ano 2018. Xunto o convidado, Toño Varela, falamos sobre a inocentada máis comentada do día en Allaríz, así coma desas persoas que teñen a mala sorte de pasar estas festas en soidade.

nadal)
Fotog: Xose Garrido

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades! Feliz 2019!

Capítulo 61: Cóntame un conto

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 21-12-2018

Faladoiro especial, «Cóntame un conto»: Co gallo do Nadal fixemos un programa especial sobre contos. Como inflúen na educacións dos cativos? Hai diferencias entre os orientais e occidentais? Por que queren os infantes que se lle conten sempre os mesmos?

lienzo-tela-troll-duende-ogro-hadas-princesa-john-bauer-1915-D_NQ_NP_901315-MLM25219792542_122016-F
Princesa e os trolls de John Bauer (wikipedia)

 

Nasreddin_(17th-century_miniature)
Mulla Nasruddin 

Nosos colaboradores tamén exporán as obras de distintos autores que escribiron ou recopilaron estas historias de Oriente a Occidente, coma Saco e Arce ou Alexandre Jodorowsky. Coma novidade no programa sustituímolas cancións por estes realatos. A que esperas para escoitalos?

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres as 18h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!