Capítulo 20: O ENTROIDO

Estamos de celebración en Orballo xa que celebramos o noso programa número 20!

Programa Orballo 20 (para escoitar podcast preme aquí)

Un programa adicado á festa do Entroido: falaremos de historia desta festa, tradicións, gastronomía, etc. Todo esto nun ambiente distendido propio desta festividade.

en-laza-los-llaman-piliqueiros-y-en-verin-cigarrons-son-el-origen-del-entroido

Lembrade que podedes escoitalo en directo cada venres de 16:30 a 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

De onde eu son hai unha chaira infinita

De onde eu son hai unha chaira infinita

os invernos cristalízanse a ras da nosa pel

hai unha lingua de río que lame

a cicatriz dunha lagoa

que teme ó verán e súmese

negándose a sí mesmo

acumulamos as xeadas

en entroido chamamos á morte

e facemos escarnio dela

son de sol e herba seca

de sombras de cegoñas

e falcóns sobre os regos

son de máis ceo que terra

-ceo infinito-

de terra meticulosamente cuarteada

por liñas rectas que se cruzan

o equivalente ás constelacións

son de hortas que reclaman auga

e de colleitas inundadas

son de cadáveres de animais que podrecen

ó sol á beira dos camiños

a chaira é un mar invertido.

poema-2

Autora: Lourdes Blanco

Fotografía: Cris Armadanzas