Capítulo 12: Narcotráfico

Unha semana máis volve o Programa Orballo, no Nadal non tomamos vacacións!

Programa Orballo 12 (Para escoitar programa preme aquí)

15726733_1159604917492854_2031337006112365057_n

Neste programa temos:

Entrevista a Jandris, membro de Náufragos do Paradiso, que nos falará do festival solidario que organiza esta asociación  en Monforte de Lemos.

Faladoiro: «Blanca Navidad», esta semana a polémica levantada ca colocación dun cartel da serie Narcos, de Netflix, en Madrid rexurdiu ca contestación que a Policía deulle no seu twitter e a saída dunha panxoliña da serie. Aprobeitando esto hoxe o faladoiro será dedicado ó noso «Branco Nadal» máis enxebre facendo un repaso da historia do narcotráfico en Galicia. Esta perdendo o Narco a mala imaxe que deles ten a sociedade?

cartel-narcos-cocaina-sol-kcih-620x349abc
«Cartel» de Narcos en Madrid.

Micro-Cápsulas: hoxe volve esta sección musical co grupo español de blues Guadalupe Plata.

130323_guadalupe-plata

Lembrade que podedes escoitalo en directo no dial de Radio Allariz no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz cada venres de 16:30 a 18h.Bo Nadal a tod@s!!!

Os Desherdados

Luces da cidade, conmoción,
entre uns e outros á cidade desvírgase,
promoción,
marketing doloroso de nubes e lumes,
e nas miñas mans unha póla de salgueiro
que uso como látego.

Desviación
dos outos ollos que nos miran
dende á revolución kafkiana.
Risas, sorrisos,
do quente espazo entre ti e min.
Amor sexual, antollo de guerra,
suoroso carmín no pescozo,
sonoro orballo, camiño de brétemas, e quizais
tan só quizáis,
po nos oídos que antes escoitaban.

A revolución óllanos coma aos fillos desherdados,
somos bendita vergoña da luz,
e todos xuntos proclamamos
vida e morte da poesía.

Autor: Manuel Jorge Maside Salgado

Fotografía: David Nóvoa Sequeiros