Imaxe do filme Errementari, el herrero y el diablo (2017)
No mes de outubro a plataforma dixital Netflix estrenou o filme Errementari, El herrero y el diablo, estrenada en 2017 e dirixida por Paul Urkijo, sendo este o seu primeiro largometraxe. Para elo inspirouse no seu conto da infancia favorito, Patxi Errementaria, un conto tradicional vasco recollido no século XX. Mais, ¿sabías que esta historia foi recollida tamén en Galicia un século antes? ¿e que ten relación ca celebración de Halloween?
Xa está dispoñible un novo podcast do Programa Orballo!
Podcast Programa Orballo do 2 de novembro de 2018
Neste capítulo:
Faladoiro: É o Samaín unha tradición galega? A nosa mesa debate sobre a orixe de Samaín e Halloween, e se sobre esta festa é de verdade unha tradición de Galicia
A equipa de Orballo grabando a sección Historia Orballo
Historia Orballo: Volve a sección de historia, nesta volta falamos sobre o conto tradicional O Ferreiro e o Demo, cuxa versión vasca inspirou a película de 2017 «Errementari, el herrero y el diablo».
Ilustración de Castelao para Un Ollo de Vidro
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h no 107.2FM ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.