PONTEVEDRA

Unha tarde calquera que sopre un vento fino

Paseniño polas rúas de Pontevedra

Sobrepasando o volumen recomendado do móbil e coa fame dun conde

Determinarei se comer, que comer, onde e a que prezo

Sei que a estética será relevante

Pero mais a impresión olfativa, sen dúbida

Porque en Pontevedra diso sabemos un pouco, e non é que o saber se concentre na nosa ría, mais o bo saber é intrínseco ao aire “baixo”

E falando así, a ras de chan, pedirei nécora de Bueu e dourada de Portonovo se @ cociñeir@ sobrepasa os 50 paos, Albariño de Meis se a botella e recén aberta e flan presupoño de ovos da casa

É unha obviadade o bo paladar desta nazón, mais eu non o antepoño ao tempo, ás responsabilidades, ao cumprimento da miña palabra

Pois non esquezas nunca que de Pontevedra sabemos poucos os alí dotados mais a defensa a ultranza das pistas forestais que nos conduzan a Sodoma sen ser sodomizados polos verdes é a nai de toda idiosincrasia imaxinable,

Iso e calar, calar, calar e mirar pra outro lado coma se non pasase nada

Pois a economia hai que movela amigo

Todos temos fame o erguernos

60 anos de ENCE, a heroína que volve

Só espero que o fermoso casco vello permaneza erecto e belo

Coa vida suficiente

Como pra darme a elexir outro tipo de menú o dia que volva.

Aarón Roble Pulido

Capítulo 42: Orballo recomenda…

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo. Neste capítulo:

Podcast Programa Orballo do 2-2-2018 (para escoitalo podcast preme aquí)

Faladoiro: Mesa redonda na que os nosos contertulios darán un repaso a diversos temas que sairán nunha conversa informal. Atentos porque este é un programa de coller lapis e papel e tomar nota de algunhas das recomendacións musicais e literararias que daremos durante o programa.

radio3

Lembrade que podedes escoitalo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!