César Prada

Autoretrato en blanco y negro.jpg
Autorretrato.

Eran as seis en punto dunha tarde mansa de inverno entre nubes grises consecuentes co feito teórico de visitar a un artista e o feito práctico de consolidar a miña visión do mundo do arte ourensán, que como puiden sempre escoitar dende que cheguei a cidade é moi amplo e de moitísima calidade máis atópase agochado na idiosincrasia do artista da Vella Auria, home puro e discreto que pinta con respeito e sinxeleza, o home artista ourensán fala estudando cada palabra e sen descoidar endexamais os seus actos.

Voltando a historia dicir que ese día sinalado corrín ao encontro do meu compañeiro e redactor de revista o cal coñecía o personaxe a entrevistar; César Prada. Camiñando por unha vía algo agochada chegamos ao seu taller; un lugar húmido por onde un río discorría por baixo, facendo alarde de sí mesmo, onde desembocan ideas fantásticas e plásticas en representación pictórica, onde o pintor traballaba con música clásica de fondo, que como el dixo “ é unha música que non molesta, que te esqueces de escoitar se estás centrado na obra”. César Prada é o home co estigma na fronte do que fala Hesse en Demian , ese artista que viviu no maxín incendiario da noite, un felino con sede de paixóns que logo se tornaron cara sí mesmo e tiveron que enmudecer para poder suxeitar o pincel e desafiar ao terribe potencial que gardaba para moitos en segredo.

cesar_prada
César Prada.

Convidounos a un café que non se serviu ata ben pasados vinte ou trinta minutos xa que a tertulia estaba dando de sí, e quizais do café recén feito tamén nos esquecemos cando hai algo interesante que contar, pregunteille cal era a sua inspiración e cal o seu motivo máis representado nas súas pinturas. César, que mantén a pesar da idade unha lucidez comparable á dun intrépido xoven entusiasta, contestou que era a muller a figura que máis incluía, xa que foi crucial a hora de coidar dos seus fillos e de encamiñar e ordear a súa vida, todo esto explicado polo afán e búsqueda de beleza, como xermen de vida, como nacemento, morte e paso do tempo, mesmo tamén comentou que a pesar de que lle gustaba debuxar mulleres nas súas obras ben feitiñas, ninfas, tamén acudía as froitas ou sensacións provocadas polas costumes e lembrazas, votou nese intre unha ollada ao cadro que máis destacaba na sala que situado en fronte de nós parecía estar a vixiar o que falabamos; a súa muller, paciente, facía alarde de presenza como unha música que nos escoita no canto de escoitala.

Referíndonos a símbolos, puxen algún exemplo, como que o home pode ser lobo ou raposo, o primeiro acustumado moitas veces a soidade e sempre xusto en sociedade o outro o acompañante do Principiño nas suas andainas, a realidade en sí mesma , e quixen indagar en se había algún animal en especial que para el fose importante, quizáis buscando algo encriptado; rapidamente César Prada contestou firme que o peixe era o animal que máis facía presenza xa que debido a súa escolarización cristiá afirmou que eran os peixes os que se debuxaban nas portas das casas cando estes foron perseguidos, un símbolo de refuxio e un habitante da vida baixo o mar , que é precisamente de ahí de onde parte a creación, expresao precisamente un home que buceou nas profundidades sen temor a afogar. Da vida mesma quixen falar con respecto á cultura do sinxelo, do sobrio, dun home que se atopa a sí mesmo, a cultura polo tanto do pintor ourensán César Prada.

Pablo Gómez Portas


Obras:

Agua_4f5fca6e16138
Agua.
noches de rante
Noches de rante.
La_madre_de_Orus_4f5fcaaa0e07f
La madre de Orus.
el corazón de los manteles de mi abuela
El corazón de los manteles de mi abuela.
EMPATÍA N8 COLECCIÓN
Empatía nº8.

Un comentario sobre “César Prada

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s