José Couso

Despois de lidiar durante un certo tempo con cal podería ser un dos primeiros temas que abrisen boca para esta nova singladura que comeza no terreo da difusión cultural, no pensamento apareceu a figura dun home, supoño que debido a que o subconsciente estaba traballando, xa que ese home non era outro que José Couso, ao cal estaban a facer referencia nas súas declaracións ante a prensa un dos candidatos á presidencia do goberno. É por elo, que unha chispa prendeu no imaxinario, permitindo que alumease a idea de que non habería mellor tema para comezar, que falar do que significa o periodismo e o desenrolo desta actividade en segundo qué campos. Seguro que se botará en falta algún prototipo, pero aquí se recrearán os de maior dominio público.

Para comezar, temos ao periodista que antigamente era denominado de crónica social, e que posteriormente foi definido como periodista do corazón. Este tipo de periodismo, é un periodismo “cojonero.”Aquí entran en xogo os chamados paparazzis, que se adican a seguir o rastro de calqueira rostro popular, apoltronándose nalgún lugar para poder sacar fotos sen ser visto, onde pode pasar días enteiros, vendo pasar as horas sen que nada pase. Precisa determinar o que fai a estrela que persegue en cada momento, aínda que precise de remexer nos detritus que xenera a mesma.

Por outra banda, atópanse os redactores típicos dos periódicos, nos que cabería aquí a posibilidade de facer moitas subdivisións, pois temos aos que loitan por conseguir ás noticias máis impactantes, os que cubren calqueira tipo de noticia con tal de poder ter a crónica prometida no tempo pertinente, ós que escriben dunha maneira coñecida como estilo libre, con frases do estilo “morren catro persoas e un portugués,” que teñen moito estilo e glamour, e, por último, os comdíns, que son aquelas persoas que fan crónica de calqueira tema, ou o que lle manden facer sen máis, e non cobran, porque están de prácticas ou contan conseguir o seu posto soñado a base de que o sangren día tras noite.

Outro bando, poderían ser os periodistas culturais e deportivos, que quizáis sexan os que mellor o pasan, pois xa se sabe que a cultura e o deporte son pilares básicos nos gustos de calqueira tipo de personalidade. O típico: “a min gústame o cine e o senderismo,” ou “son un amante da novela policíaca e do rock and roll.” Ese tipo de cousas. O único problema que poden ter este tipo de periodistas, son as respostas que se gañan a veces por parte dalgún deportista ou dalgún artista pedante, destes que se esquecen que están vendendo o seu traballo á xente, e que se non fose pola moita xente á que se cren superiores, non terían os ingresos necesarios para comprarse a súa casa ou o coche deportivo que conducen con moita galantería. Tamén hai que dicir, non obstante, que moitas veces os periodistas fan unhas preguntas que semella que van buscar polémica ou picar ó entrevistado.

E por último, pero non menos importantes, os corresponsais de guerra. Aquí xa non se vai xerar esa cuña coñeira que se pode atopar nos outros apartados. De feito, para o que redacta estas liñas, sen desmerecer ós outros, quizáis os máis dignos de ser valorados. Os que máis respeto me merecen e, quizáis, o grupo máis compacto e do que máis xeneralistamente se poida falar sen meter a zoca. Pode parecer absurda dita afirmación, mais no momento explico o porqué da mesma. O periodista que vai cubrir un coflicto bélico, faino sempre de maneira voluntaria. É unha persoa que sabe ó que se vai enfrontar. Do que eles conten nas súas crónicas, vai depender o informados que poidamos estar do que acontece en lugares moi distantes, e axudarán ós futuros historiadores a recrear grandes acontecementos históricos. Gustaríame parar aquí, para noutra publicación, debullar un pouco máis polo miúdo a súa trascendencia, e sirva tamén para homenaxear a todos os caídos en guerras cubrindo a noticia, en especial a José Couso, hoxe 8/3/2016 que se cumpren 13 anos exactos do seu asasinato.

David Conde Seoane.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s