Un artista de corazón reflexivo: Manuel Penín.

 

 Vaian onde vaian e fagan o que fagan,

os homes debuxan liñas camiñando,

facendo xestos.

 Tim Ingold

 


 

_MG_7123
David Conde, Manuel Penín, Pablo Gómez.                        Fotografía: Lucía Camba

 

A figura de Penín é a dun pintor que adica o seu tempo a reflexión. Non se conciben as súas obras sen falar sobre a filosofía e as correntes espirituais de persoaxes coma  Emilio Carrillo, Jaume Campos ou o mesmo Krishnamurti, e desa forma unir a obra co compoñente metafísico; zecais nun intento de plasmar o mundo das ideas na actividade plástica de claras connotacións que parten do subconsciente. Manuel Penín é unha persoa que sentiu a necesidade de comprender o cosmos e de recoñecerse a sí mesmo no mundo como individuo tentando superar prexuízos e asimilando cada sentimento, cada comportamento como un máis, como o triunfo por fin do mundo máis atávico da mente que se convirte en suxeito e pon os pés na terra. Depurado de connotacións que poidan interrumpir o fluir constante da vida , debuxa Penín o seu propio “Ir consciente.” que é a definición Taoísta de aquel suxeito que é capaz de deixar o camiño atrás e que non lle pesen os recordos sobre as costas coma un símil coa traxedia do camelo de Nietzsche.

En relación ós recordos ou malos recordos que afectan a depresión e ansiedade do mundo occidental; Jaume Campos, persoaxe de gran influencia para o artista ourensán,  explica o atasco emocional nun artigo titulado «Aprender a vivir – Dejar de sobrevivir» onde analiza o porqué das nosas ansiedades sociais afirmando: “Es como despertar en una ciudad que no conoces sin mapas ni GPS, no tienes puntos de referencia, porque nadie te ha enseñado y vas aprendiendo a través de ensayo y error, con lo cuál la cantidad de sentimientos y pensamientos en tu interior es en ciertos momentos agotadora y muy frustrante. Esto crea un atasco emocional de interpretación y de entendimiento interno que puede llevarnos a encerrarnos más en nosotros mismos perdiendo la mínima conexión con el exterior”. Penín seguindo as pautas do mestre Jaume Campos establece unha explicación corrente sobre o feito, indicando que a un cativo se o reprimes xa dende neno este gardará ese potencial no interior, no cuarto escuro, máis o noso artista que cree na vontade de cambio e transmutación do home, pensa que todo se recicla, que todo pode volver a emerxer e de ahí o seu carácter marcado polo establecemento da reflexión interior para logo  vertela na súa obra persoal, que como puiden atinar non só se basa no sentido plástico, se non que tamén, con dotes de mestre, no seu mundo interior reflexivo.

_MG_7146
Vivenda-taller de Manuel Penín.         Fotografía: Lucía Camba

Penín esquécese da súa existencia cando se somerxe nas súas pinturas, na súa obra e no seu xeito de comprender o espíritu,  marcadas case totalmente por un acento colorido e vitalista máis sen esquecer esa ventá que para el é crucial, que define como sombra. O mundo das sombras será elemental para o receptor que tenta comprender o maxín do artista xa que  considera as tebras substancia vital como a vida mesma.

_MG_7128
Material de Manuel Penín.                     Fotografía: Lucía Camba

Fernando Pessoa diferenza na poesía de Alberto Caeiro (o máis sinxelo dos seus seudónimos) o seu estado emocional, sabe atopar na enfermidade  o camiño para analizar o seu propio pensamento e definir o seus versos como plantexamentos equívocos que levan sempre a un engano de sí mesmo, para rematar asimilando ese verso e depuralo  como prescindible. “Há metafísica bastante em não pensar em nada” afirma o poeta portugués. Co mesmo eixo substancial Penín traza a súa obra e completa a visión onírica con pinturas en tons máis escuros na fase das sombras, escuridades que poden aparacer en pleno xullo cando o verde aparece máis vivo e o verán apéase no olfato; tamén triunfan as cores vivas (vitais) no inverno, que florecen alardeando de mundo interior.

A obra na que traballa na actualidade parte dunha iniciativa do pintor galego Xesús Vázquez e onde se presenta a iniciativa de mudar o estilo da súa obra  pictórica para transformala radicalmente. Para Penín,  pintor que enxalza o poder da cor para trasportar ao individuo a unha atmosfera na que se sinta máis a gusto. Este estilo será canalizado cara un debuxo de trazo , dunha soa liña coa que compón o rostro humán e perfila desa forma a súa análise,  chegando a debuxar na propia sala expositiva ás persoas que visitan o lugar.

_MG_7115
Human Matter.                                                                                 Fotografía: Lucía Camba

Ás súas obras expostas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na Casa da Parra están recollidas nun catálogo onde aparecen estas liñas que compoñen os rostros apócrifos e os rostros reais. Human Matter é o título da obra de recoplicación artística que comparte con Rosendo Cid.O camiño das liñas aparece en forma de prosa poética, onde anuncia o seu valor , a súa  peculiaridade e o eixo fundamental da obra actual “Retratos dunha hora”.

Pablo Gómez Portas

_MG_7185
Pablo Gómez Portas.                                 Fotografía: Lucía Camba

 

_MG_7166
Materia Animal.                                        Fotografía: Lucía Camba

 

HUMANA MATERIA

Aparece o punto, inicial, e a liña comeza a fluír.Ás

cegas, sen historia nin futuro, só agora. Avanzo sen

camiño. A intensidade en aumento, a concentración

multiplícase. A ollada, mansa e forte, crávase. Non

me desprendo nin un instante. Adiante firme e suave.

Non son amigo. Non son artista. Non son eu. Só existe

 o agora. Ás miradas en sintonía. Quero aprenheder o

 total e prescindir do accesorio. A trampa está tendida…

toco, albisco, atraveso. Oso, carne, pel… alma. O trazo

único e constante. Non hai dúbida, non hai necesidade

nin ansia. O camiño aparece de seu, sen esforzo. Como

un arrauto de lucidez xorde un novo rostro entre dous…

afondando na materia humana.

Manuel Penín
_MG_7140
Fotografía: Lucía Camba

Obras:

Captura
Retratos apócrifos.
RETRATOS DUNHA LINEA
Retratos dunha liña.

_MG_7097

_MG_7099

_MG_7094

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.