Un poder, semellante á luz
ollos de pez
cachucha de porco
a natureza desta terra abrúmame
tamén a súa conciencia
nesta terra ollamos ao azul con lonxana tristura
e podrecemos á dereita deste mundo cabrón
Luz
Lume
unha chamada perdida atolada
ninguén nos olla, sexamos fume!
nin tan sequera deus
sexamos fume!
esta terra é de balde
máis vánnola cobrar
O poeta cala, xa ninguén lle escoita
que màis da!
ao poeta so lle queda a poesía
a esta terra unha pequena esperanza
un lixeiro futuro
luz, un poder
e unha cachucha de porco
Autor: Manuel Jorge Maside Salgado
Fotografía: David Nóvoa Sequeiros
No lonxano oeste hay un estado analfabeto
onde non se sente nada salvo os ventos
da tormenta. Unha alma suspendida ó fin
dunha península existencial. Neste parapeto
de vangarda -de retagarda- habitan xentes
propensas a sentir non ter propósito algún;
na campaña da historia eles son a guarnición
que trata de conquistalo corazón do océano.
Nas costas desta terra non deixa de consumirse
un combustible que arde en sí mesmo deixando
este rastro do fume das saudades que desexou
a imaxinación enferma dun vello amor nostálxico.
Me gustaMe gusta